¡Asústate, Merche!
obra literaria de Fina Casalderrey
¡Asústate, Merche! é unha novela de Fina Casalderrey, publicada por Edicións Xerais en 1994. Está estruturada en tres partes, e consta de 44 capítulos.
¡Asústate, Merche! | |
---|---|
Autor/a | Fina Casalderrey |
Orixe | Galiza |
Lingua | Galego |
Colección | Colección Fóra de Xogo |
Tema(s) | Amor, familia, suicidio, amizade... |
Xénero(s) | Literatura infantil e xuvenil |
Editorial | Xerais |
Data de pub. | Decembro 1994 |
Formato | Capa branda; 13 x 21 cm |
Páxinas | 216 páxs. |
ISBN | 84-7507-843-5 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Personaxes
editarPrincipais
editar- Auria é unha adolescente de 15 anos que vive nunha vida que ela non elixiu e que experimenta unha nova experiencia que transforma o seu decorrer vital por completo e a obriga a pensar nunha solución drástica como é o suicidio. Logo dunha viaxe por Europa xunto con persoas coñecidas e tamén descoñecidas descobre o amor, algo que xamais se lle pasara pola cabeza, e descobre que a vida pode chegar a ser máis dura do que se imaxinaba.
- Paio é o sobriño de Salvador, o profesor de relixión e cura da parroquia, e acode xunto co resto do grupo á viaxe que leva ós rapaces por todo Europa, o amor sorpréndeo á volta desta viaxe cando descobre os seus sentimentos por Auria. É adoptado e isto cáusalle certos problemas na súa relación con Auria, a pesar de que esta o descobre case sen querer.
- Merche é o diario de Auria, e a pesar de ser un diario ela veo como se fose unha amiga á que poder contarlle todo o que sente e pensa.
Secundarias
editar- Frida convértese na mellor amiga de Auria logo da viaxe, sofre graves problemas familiares e por iso debe mudarse con toda a familia a Valencia, aínda así non perde o contacto con Auria.
- Salvador é o cura da parroquia ademais do mestre de relixión do instituto no que estuda Auria, a súa fe derrúbase un pouco cando se dá conta de que está namorado da nai de Auria, e estes comparten unha bela historia de amor.
Traducións
editar- Ao catalán por Pau Joan Hernàndez Fuenmayor co título de Ostres, tu, saps què? publicado en 1996 pola Editorial Cruïlla, Col. Gran Angular[1].
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 12 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Costas, Concha: Fóra de Xogo. Tecendo lecturas Larousse. Catálogos.