Osetia do Sur,[1] ás veces tamén escrita como Ossetia do Sur,[2] (oseto: Республикæ Хуссар Ирыстон, Respublikae Xussar Iryston; ruso: Республика Южная Осетия, Respublika Yuzhnaya Osetiya; xeorxiano: სამხრეთი ოსეთი, Samkhreti Oseti o máis xusto ცხინვალის მხარე tskhinvalis mkhare) é unha república independente de facto dentro de Xeorxia. Malia que declarou a súa independencia tras un referendo o 12 de decembro de 2006 (co 99% de votos a prol da independencia), a súa separación de Xeorxia non foi recoñecida polo outro país. Xeorxia négase a recoñecer a Osetia do sur como unha entidade distinta; o goberno chámaa polo antigo nome de Samachlabo ou, máis recentemente, a rexión de Tskhinvali (pola capital da república). Osetia do Sur foi parte da rexión xeorxiá de Shida Kartli.

Modelo:Xeografía políticaOsetia do Sur
Хуссар Ирыстон (os)
Республика Южная Осетия (ru)
სამხრეთ ოსეთის რესპუბლიკა (ka)
Государство Алания (ru) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno de Ossetia do Sur Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°13′30″N 43°58′12″L / 42.225, 43.97Coordenadas: 42°13′30″N 43°58′12″L / 42.225, 43.97
Territorio reivindicado porXeorxia Editar o valor en Wikidata
CapitalTskhinvali Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación53.532 (2015) Editar o valor en Wikidata (13,73 hab./km²)
Lingua oficiallingua rusa
Lingua oseta
lingua xeorxiana (lingua minoritaria) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie3.900 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0 % Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoChanchakhi (en) Traducir (4.462 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación20 de setembro de 1990 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
Forma de gobernopresidencialismo Editar o valor en Wikidata
• Presidente da República Editar o valor en WikidataAlan Gagloyev (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno da Ossétia do Sul (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro-Ministro da Ossétia (pt) Traducir Editar o valor en WikidataKonstantin Dzhussoev (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParliament of South Ossetia (en) Traducir , (Escano: 34) Editar o valor en Wikidata
Membro de
MoedaRublo ruso Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico+7 9971, +7 9976, +7 99744 e +7 995344 Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5108984

Historia

editar

Conflito de 2008

editar

Tras meses de tensións[3], o goberno de Xeorxia, desexoso de rematar co separatismo nas repúblicas independentes de facto de Osetia do Sur e Abkhazia para facilitar a súa entrada na OTAN, ordenou na noite do 7 de agosto ó 18 unha ofensiva en territorio oseto.

Xeorxia atacou Tskhinvali e varias localidades circundantes con sistemas múltiples de lanzamento de foguetes BM-21 "Grad", tanques e avións de combate. Osetia do Sur denunciou unha limpeza étnica mentres que os xeorxianos non deixaron actuar as ambulancias. Un convoi con axuda humanitaria foi bombardeado[4]. Xeorxia mobilizou ós seus reservistas[5]. Pola súa banda, o líder abkhazio Sergei Bagapsh dixo que voluntarios procedentes de Abkhazia ían de camiño para axudar ós osetos do sur, mentres que algunhas unidades da armada avanzaron cara a zona limítrofe con Xeorxia[6]. Na ofensiva calcúlanse os mortos por miles: fontes osetas cifran en 1.600 os civís asasinados (Xeorxia baixa o número a 100)[7], mentres que 15 membros das forzas de paz rusas foron asasinados e 70 foron feridos[8].

O 8 de agosto Rusia enviou tropas a Osetia do Sur. Xeorxia afirma que as súas bases militares foron atacadas por avións militares rusos, mentres que o presidente Mikhail Saakashvili dicía que as súas tropas mantiñan o control da capital, Tskhinvali. Pola súa banda os osetos afirmaban ter o control da cidade[9].

O 9 de agosto prodúcese unha escalada nos combates, e o Parlamento xeorxiano declara o estado de guerra.

  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1529. ISBN 9788482893600. 
  2. "Entrada ossetio en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  3. Nuevas campanadas de alerta en el Cáucaso (en castelán).
  4. N. Ossetia president: Georgian planes bomb out humanitarian aid convoy for S. Ossetia Arquivado 16 de xuño de 2009 en Wayback Machine., (en inglés).
  5. Georgia begins war to retake South Ossetia Arquivado 09 de agosto de 2008 en Wayback Machine. (en inglés).
  6. Abkhazian army units advance to arms limitation zone with Georgia, (en inglés).
  7. CNN news.
  8. Fifteen Russian peacekeepers killed, 70 wounded, (en inglés).
  9. crise en Osetia do Sur, día a día.[Ligazón morta] BBC News, (en inglés).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar